DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 21 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

76486019W

IN635A 2024/000182-1

Resolución

Santiago de Compostela