DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cox. Cogal 11 e RC, no concello de Dozón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cox. Cogal 11 e RC, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 21 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/246-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cox. Cogal 11 e RC.

Concello: Dozón.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36016A032006880000FW

Lavandeira

Descoñecido

18 de marzo de 2025

13.00