DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello Mazaricos (expediente IN407A 2023/391-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 18 de outubro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Alimentación en MT de novo CTI e RBT Pazos, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/391-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 21 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Mazaricos.

Alimentación en MT de novo CTI e RBT Pazos.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Manuel Torres Maneiro

15046A502002980000PP

Xestal

Novo apoio nº 23-B14-27

2

4,87

35,73

Prado

4

María Otero Martínez

15046A510009800000PQ

Abaixo da Costa

Novo apoio nº 23-B14-27-2

2

77,71

1.231,84

Labor ou labradío de secaño

5

Elisa Torres Loureiro

15046A510009820000PL

Abaixo da Costa

18,6

301,29

Prado ou pradarías

6

Dolores Rodríguez Maneiro

15046A510009560000PR

Abaixo da Costa

64,56

1.034,21

Prado ou pradarías

7

Manuel Maneiro Pais

15046A510009540000PO

Abaixo da Costa

55,16

882.63

Prado ou pradarías

11

Descoñecido

15046A510020040000PD

Abaixo da Costa

9,69

106,12

Prado ou pradarías

14

María Teresa Couso Torres

15046A502002990000PL

Xestal

77,35

Prado ou pradarías

15

Carmen Antelo Villar
Victoriano Otero Maneiro

15046A502003000000PL

Xestal

42,79

Labor ou labradío de secaño

16

Antonio Otero París

15046A502003010000PT

Xestal

6,90

Matogueira

17

Rosario Maneiro Blanco

15046A502003020000PF

Xestal

2,88

18

Marcos Rodríguez Ferreiro

15046A502003040000PO

Xestal

28,59

441,04

Labor ou labradío de secaño