DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo, no concello das Neves.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 21 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/119-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 O Pazo.

Concello: As Neves.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36034A024001890000HI

Trancosa

Descoñecido

13 de marzo de 2025

12.00