En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22.5 da Orde do 13 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024, publicanse as subvencións concedidas en virtude da dita orde para o ano 2024.
Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións recollidas no artigo 2 da orde de convocatoria, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:
Na liña 1: cun importe total de 148.495,48 €, accións de información e promoción do cumprimento da normativa, accións de asistencia técnica e accións de formación, de carácter intersectorial.
Na liña 2: cun importe total de 98.996,98 €, accións de información e promoción do cumprimento da normativa e accións de formación, de carácter sectorial.
Norma reguladora: Orde do 13 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (código de procedemento TR852B) (Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 26 de setembro).
Crédito orzamentario: 247.492,46 € (douscentos corenta e sete mil catrocentos noventa e dous euros e corenta e seis céntimos) recollido na aplicación orzamentaria 44.02.324A.481.1, código de proxecto 2023 00244, procedente de fondos finalistas do Estado.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Beneficiarias liña 1
|
Entidade |
NIF |
Importe |
|
Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia-APE Galicia |
G36550630 |
6.750,00 € |
|
Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) |
G15080476 |
68.376,80 € |
|
Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT Galicia) |
G15383011 |
13.008,09 € |
|
Confederación Intersindical Galega (CIG) |
G36706927 |
19.415,00 € |
|
Central SindicaI Independiente y de Funcionarios - CSIF |
G79514378 |
3.675,00 € |
Beneficiarias liña 2
|
Entidade |
NIF |
Importe |
|
Federación Gallega Asoc. Empresarios y Profesionales del Transporte (Fegatrans) |
G32400293 |
5.000,00 € |
|
Asociación de Empresas Gallegas de Auxilio en Carretera (Asega) |
G15958549 |
5.000,00 € |
|
Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (Asime) |
G36614774 |
5.000,00 € |
|
Asociación de Empresarios de la 1ª Transformación de la Madera de Lugo (Lugomadera) |
G27030915 |
5.000,00 € |
|
Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga) |
V36639284 |
5.000,00 € |
|
Asoc. Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña |
G15083215 |
4.000,00 € |
|
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO) |
G32015828 |
3.000,00 € |
|
Asociación Empresarial para la Discapacidad Intelectual y del Desarrollo de Galicia (Aedigal) |
G42795617 |
2.000,00 € |
|
Confederación Intersindical Galega (CIG) |
G36706927 |
5.000,00 € |
|
Central Sindical Independiente y de Funcionarios-CSIF |
G79514378 |
4.331,25 € |
