DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria polo procedemento ordinario, mediante oposición libre, para a selección de tres (3) prazas da categoría de policías locais como funcionarios de carreira.

Pola Resolución da Alcaldía do 29.11.2024 aprobáronse as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, de tres (3) prazas da categoría de policías locais como funcionarios de carreira do Concello de Lalín.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na cal se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base segunda desta convocatoria, durante o prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras están publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 2 de decembro de 2024

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde