DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Referencia catastral

Polígono/Parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 2436/2024)

36011A069000010001KH

36011A06069000020000JQ 36011A069000020001KW

Limeres

Concepción Sueiro Peleteiro

Orde de execución (Exp.1908/2024)

36012A004010050000ZK

Barbeitos

José Antonio Portela Cancela

Orde de execución

(Exp. 1909/2024)

36011A047000990000JM

Cachofés

Hros. José Taboada Mouteira

Orde de execución

(Exp. 1887/2024)

36012A021000370000ZJ

Frade (Loureiro)

Eulalia Meijón Paradela

Orde de execución

(Exp. 1578/2024)

36012C508013550000IF-36012C508013550001OG

A Costa-Viascón

Hros. Isabel Rey López

Orde de execución (Exp.1733/2024)

36012B503002320001GI

Trabazo

Hillier Matthew

Orde de execución

(Exp. 1938/2024)

36011A060002780000JQ

Lourido

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1941/2024)

36011A060002800000JG

Lourido

Nicanor Campos e Amparo Iglesias

Orde de execución

(Exp. 1709/2024)

6012A035011250000ZK-36012A035011250001XL

Cobas-Tenorio

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1509/2024)

36012A029000700001XT

Cuspedriños

Hros. Rosa Álvarez Solla

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, polo que se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Cerdedo-Cotobade (Chan-Carballedo, 11, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Cerdedo-Cotobade, 19 de novembro de 2024

Jorge Cubela López
Alcalde