De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado mediante a Orde do 19 de setembro de 2024 (DOG núm. 188, do 30 de setembro), e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública,
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector coa composición que se relaciona no anexo.
A Estrada, 2 de decembro de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.
– Tribunal titular:
– Presidenta: María del Carmen Rebolledo Olmedo, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
– Secretario: Juan Puente Rapela, inspector principal da policía local do concello da Coruña.
Vocais:
• Luis Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias na Agasp.
• Juan José Quintas Rumbo, inspector da policía local do concello da Coruña.
• Daniel Sánchez Villaverde, inspector da policía local do concello de Arteixo.
– Tribunal suplente
– Presidenta : María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
– Secretario: Francisco Carro Rey, inspector da policía local do concello da Coruña.
Vogais:
• Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
• Aniceto Nunes Pinilla, inspector da policía local do concello da Coruña.
• María Belén Santiso Felpeto, inspectora da policía local do concello de Lugo.
