De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 25 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Nº de concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
|
11C/24 |
Mª del Carmen |
Monterroso Martínez |
***3847** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Santiago de Compostela |
A00788 |
|
13C/24 |
Paulo |
Félix Lamas |
***0088** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00790 |
|
14C/24 |
Mª José |
Carreira Nouche |
***7248** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00791 |
|
15C/24 |
Roberto |
Iglesias Rodríguez |
***5194** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Lugo |
A00792 |
|
19C/24 |
Mª del Carmen |
Louzao Ojeda |
***0429** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Farmacoloxía |
Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica |
Lugo |
A00796 |
|
25C/24 |
José Antonio |
Costoya Puente |
***8661** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Fisioloxía |
Fisioloxía |
Santiago de Compostela |
A00802 |
|
29C/24 |
Mª Elena |
Vázquez Cendón |
***5574** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Matemática Aplicada |
Matemática Aplicada |
Santiago de Compostela |
A00806 |
|
34C/24 |
Jesús |
Rodríguez Rodríguez |
***1929** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
A00811 |
