Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial da Coruña no expediente sancionador XC-00754-O-2024 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial da Coruña.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 21 de novembro de 2024
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
XC-00754-O-2024 9500-FPW |
B70441951 |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02055-O-2024 1970-LKK |
32973094H |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02060-O-2024 3060-LSW |
47384044L |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02441-I-2024 6967-DXZ |
A15012057 |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02463-O-2024 8933-JJN |
32672294N |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-02796-S-2024 5036LLC |
32949490N |