Primeiro. A Resolución do 29 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas outorgaranse atendendo a súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do que se dará a correspondente publicidade.
Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para concesión de axudas era de 3.000.000 €, crédito que foi ampliado en 3.400.000 € mediante a Resolución do 14 de outubro de 2024 (DOG núm. 203, do 21 de outubro), quedando establecido en 6.400.000 €.
En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para a concesión de axudas aos investimentos en equipamento en Galicia ao abeiro da Resolución do 29 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
Segundo. A derradeira solicitude de axuda aos investimentos en equipamento en Galicia concedida antes do esgotamento do crédito foi presentada o 7 de agosto de 2024 ás 11.11 horas, expediente IG301.2024.1.88.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
