DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2024 Páx. 65266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 2 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución de concesión de axuda no expediente PR853B-2024-00000665-00 e dous máis (código de procedemento PR853B).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de concesión de axuda económica nos expedientes indicados de axudas destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR853B).

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral de Medios, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o secretario xeral de Medios, no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Os dous prazos computaranse a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios

ANEXO

Procedemento: axudas destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR853B)

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

PR853B-2024-00000665-00

34201731H

Resolución de concesión de axuda

PR853B-2024-00000779-00

76612745K

Resolución de concesión de axuda

PR853B-2024-00000956-00

34568923S

Resolución de concesión de axuda