Dado que está vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e é necesaria a súa provisión,
O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 (DOG do 26 de abril), e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 91.4 dos Estatutos da USC e no artigo 25 do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008),
RESOLVE:
Convocar a provisión dos ditos postos mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes
Bases da convocatoria
Primeira. Poderá participar o persoal laboral fixo da USC, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.
Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase unicamente a través do Rexistro Electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada de curriculum vitae e deberanse xustificar documentalmente os méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal das persoas aspirantes.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Denominación do posto: xefe do Gabinete de Comunicacións.
Número de posto: PL000002.
Grupo: I.
Categoría laboral: xornalista.
Complemento: 1.2.
Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.
Localidade: Santiago de Compostela.
