DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2024 Páx. 65288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o Plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de pase a concesión da explotación Mondoñedo fracción 2ª número 5767.2, derivada do permiso de investigación de recursos da sección C) denominado Mondoñedo número 5767, situado no concello de Abadín, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, de ordenación da minería de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o Plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, achegados xunto coa solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación de recursos da sección C) denominado Mondoñedo número 5767, presentada por Norsil, S.A., situado no concellol de Abadín, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o Plan de restauración se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 12 de novembro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 e 41.1 Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas