Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se cita:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: novo CS Devesa, LSAT 20 kV Devesa, de interconexión e modificación da liña particular.
Situación: concello de Ribadeo.
Características técnicas principais:
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV dirección CT 11298 Irmandiños (particular), con orixe no novo CS Devesa e final no CT 11298 Irmandiños existente, cunha lonxitude de 53 metros en condutor RZ1-150 mm (recuperado).
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Devesa, entrada dende SE Ribadeo, con orixe nun PAS situado no apoio existente 4BF03785 e final no novo CS Devesa, cunha lonxitude de 113 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Devesa, saída dirección CT 3229 Penachá e outros, con orixe nun PAS situado no apoio A84985 existente e final no novo CS Devesa proxectado, cunha lonxitude de 50 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Centro de seccionamento Devesa en edificio prefabricado (edificio cedido segundo o expediente 214/2024-ATR), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, dúas celas de protección con interruptor automático e unha cela de alimentación para servizos auxiliares.
– Desmontaxe dos XS S368246 e S371739 e dos condutores soterrados entre os apoios A84895 e 4BF03785.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 77.000,55 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Ribadeo.
• Separata para a Consellería do Medio Rural.
• Separata para o Ministerio de Fomento.
• Separata para a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 26 de novembro de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
