DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2024 Páx. 65292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 30 de outubro de 2024 relativa a instalacións eléctricas nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/072-3).

Mediante a Resolución do 30 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/072-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 22 de novembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/072-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CAS805 no treito entre apoios núm. AXUX17PH e núm. D23-23.

Concello: concellos de Cartelle e Castrelo de Miño.

Concello de Castrelo de Miño

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32023A076001220000HU.

Lugar: Monte Seara.

Cultivo: Monte Alto.

Titular: CMVMC da Serra.

Afeccións: ocupación de 4 m2 para os apoios núms. D23-20 e D23-21.