En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, acordouse depositar os estatutos de Artistas da Dobraxe Asociados.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poden ser asociados os artistas e/ou axustadores que traballen por conta de empresas do sector da dobraxe e sonorización de obras audiovisuais dentro do ámbito territorial da asociación.
– Asinantes da acta de constitución: Deseada Pillado Martínez, Rocío Pereiras Vázquez e Antonio Rivas Campos.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
