En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Gallega de Autoescuelas:
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: son membros de pleno dereito as asociacións de autoescuelas que se citan: Asociación Provincial de Autoescuelas de A Coruña, Asociación Provincial de Autoescuelas de Lugo, Asociación Provincial de Autoescuelas de Ourense e Asociación Provincial de Autoescuelas de Pontevedra.
– Asinantes: Luis Novoa Fernández e Alberto Bugallo del Río.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
