En sesión que tivo lugar o día 26 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de agosto de 2024 (DOG núm. 166, do 29 de agosto, corrección de erros no DOG núm. 190, do 2 de outubro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello) do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar, de conformidade co disposto na base III.1.1) da convocatoria, que superan o exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de quince puntos (15 puntos).
Segundo. Publicar, de conformidade co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao exercicio da fase de oposición do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello) do Consello Económico e Social de Galicia. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes, recollidas no anexo I, faranse públicas no portal web corporativo do Consello Económico e Social de Galicia (www.ces-galicia.org).
Terceiro. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024
Patricia Roiloa Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO I
De conformidade co disposto na base III.1.1) da convocatoria, superan o exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 15 puntos (15 puntos).
|
Apelidos e nome |
NIF |
Puntuación |
|
Lomba Molinos, Sara |
***1755** |
40,20 |
