En sesión que tivo lugar o 4 de decembro de 2024, a Comisión de Selección nomeada para cualificar este proceso selectivo, de conformidade co disposto no punto V.2 das bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. Elevar esta relación ao presidente do Consello de Administración de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
Terceiro. De acordo co disposto na base VI da convocatoria, esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Juan Cores Calvo
Presidente da Comisión de Selección
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por
orde de puntuación
|
Nº orde |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Experiencia |
Formación |
Galego |
Total |
|
1 |
Juan Manuel Corral Fontán |
**9661** |
70,00 |
25,00 |
3,00 |
98,00 |
|
2 |
Roberto José Romero Rivas |
**4322** |
69,90 |
8,00 |
3,00 |
80,90 |
|
3 |
Antonio Vidal Albaladejo |
**8054** |
51,00 |
25,00 |
0,00 |
76,00 |
|
4 |
Francisco Javier Pereiro Cornes |
**3362** |
28,50 |
25,00 |
3,00 |
56,50 |
Proposta para nomeamento como persoal laboral fixo de Retegal
|
Denominación do posto |
Nome e apelidos |
|
Técnico/a de campo |
Juan Manuel Corral Fontán |
|
Técnico/a Cexar |
Roberto José Romero Rivas |
|
Técnico/a Cexar |
Antonio Vidal Albaladejo |
|
Técnico/a Cexar |
Francisco Javier Pereiro Cornes |
