O Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do 26 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
Modificar o uso previsto no Plan xeral de ordenación municipal para o local, que actualmente forma parte do CEIP Plurilingüe Ribadavia, situado na planta baixa dunha edificación de baixo máis unha altura, con acceso directo á parcela, a través dun patio interior existente entre dúas edificacións.
Referencia catastral 0931312NG7803S, na rúa O Carballiño, 25, no rueiro municipal de uso dotacional, clase educativo a uso dotacional, clase asistencial, categoría 5.
Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Comunicarlle o acordo, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ribadavia, 30 de setembro de 2024
César Fernández Gil
Alcalde
