De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o director da Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que a persoa interesadas poida interpoñer calquera outro que estime oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
A Coruña, 25 de novembro de 2024
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: RITGA-E-2024-008057 (AC-089/24).
NIF: 32710543N.
Establecemento: café bar La Cantina.
Enderezo: rúa do Estadio, 102, lugar de Río Seco.
Localidade: Narón.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, letras a) e c), da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Resolución: 8 de novembro de 2024.
Sanción: multa por importe de douscentos setenta e cinco euros (275,00 €).
