DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 59/73 e trinta e tres máis).

Na sesión que tivo lugar o día 30.10.2024, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

• MVMC Coterces e Liñares (exp. 59/73), pertencente aos veciños dos lugares de Coterces e Liñares, parroquia de Liñares; e MVMC Lagoa de Táboas (exp. 55/73), pertencente aos veciños de Lagoa, parroquia do Cebreiro. Ambos os montes no concello de Pedrafita do Cebreiro.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais.

Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_238.

O 17.10.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Coterces e Liñares: 112,61 hectáreas.

– MVMC Lagoa de Táboas: 113,64 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Chan de Busto (exp. 90/75), pertencente aos veciños do lugar de Vilabol, na parroquia de Quintá; MVMC Pena Rabela (exp. 91/75), pertencente aos veciños dos lugares de Casares e Vilaesteva, na parroquia de Torés. Ambos os montes do concello das Nogais.

O 8.5.2023 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_25.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Chan de Busto: 69,21 hectáreas.

– MVMC Pena Rabela: 23,369 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Froxán (exp. 83/75), pertencente aos veciños do lugar de Froxán, parroquia de Vilamor (Folgoso do Courel); MVMC Salcedo e Bairán (exp. 10/75), pertencente aos veciños dos lugares de Salcedo e Bairán, parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón).

O 24.11.2023 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_61.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Froxán: 896,32 hectáreas.

– MVMC Salcedo e Bairán: 498,34 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Liñares (exp. 47/75), pertencente aos veciños da parroquia de Liñares; MVMC Pedriñeira e Costa (exp. 49/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilachá. Ambos os montes no concello da Pobra do Brollón.

O 21.12.2023 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_67.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Liñares: 244,06 hectáreas.

– MVMC Pedriñeira e Costa: 595,18 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Teso do Curro, Castro de Goó e Valdofoxo, Freixedo, Tralo Marco, Restre, Tralo Chao, Serra de Abaixo e Lamela (exp. 20/77), pertencente aos veciños da parroquia de Goo; MVMC Vilasouto (exp. 28/77), pertencente aos veciños da parroquia de Vilasouto. Ambos os montes no concello do Incio.

O 11.9.2023 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_42.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Teso do Curro, Castro de Goó e Valdofoxo, Freixedo, Tralo Marco, Restre, Tralo Chao, Serra de Abaixo e Lamela: 93,54 hectáreas.

– MVMC Vilasouto: 303,76 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Padrón, Seixos e Peón (exp. 85/80), pertencente aos veciños de Chavín, Freixeiro, Manxofrío e Sisto, na parroquia de Cabanas; MVMC Lombo do Medio (exp. 86/80), pertencente aos veciños de Costa e Rego dos Bois, na parroquia de Río Barba. Ambos os montes no concello do Vicedo.

O 17.1.2024 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. A solicitude resultou complementada coa documentación presentada o 19.2.2024. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2024_4.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Padrón, Seixos e Peón: 126,12 hectáreas.

– MVMC Lombo do Medio: 105,11 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Cuvelo (exp. 82/76), pertencente aos veciños da parroquia de Cuvelo; MVMC Vilar (exp. 111/79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Donas. Ambos no concello de Palas de Rei.

O 10.4.2024 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2024_18.

O 11.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Cuvelo: 290,13 hectáreas.

– MVMC Vilar: 247,00 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

― MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. 15/76), pertencente aos veciños de Paradapiñol e Rugando, parroquia de Vilarmel; MVMC Val do Campelo (exp. 114/75), pertencente aos veciños da parroquia de Bendollo. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Entre a documentación achegada, constan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_172.

O 25.6.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Paradapiñol e Rugando: 1.074,99 hectáreas.

– MVMC Val do Campelo: 589,04 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. 15/76), pertencente aos veciños de Paradapiñol e Rugando, parroquia de Vilarmel; MVMC Coto de Cereixido (exp. 120/75), pertencente aos veciños de Cereixido, parroquia de Cereixido. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_174.

O 25.6.2024 o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Paradapiñol e Rugando: 1.074,23 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Val do Campelo, recollido no informe 2022_172.

– MVMC Coto de Cereixido: 978,51 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. 15/76), pertencente aos veciños de Paradapiñol e Rugando, parroquia de Vilarmel; MVMC Eiras e Reboredo (exp. 54/76), pertencente aos veciños de Campo do Val, Fisteus, Goia Vilaboa e Vilameá, parroquia de Fisteus. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_177.

O 25.6.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Paradapiñol e Rugando: 1.067,63 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Coto de Cereixido, recollido no informe 2022_174.

– MVMC Eiras e Reboredo: 441,10 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. 15/76), pertencente aos veciños de Paradapiñol e Rugando, parroquia de Vilarmel; MVMC Bustelo de Fisteus (exp. 123/75), pertencente aos veciños de Bustelo de Fisteus, parroquia de Bustelo de Fisteus. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_175.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Paradapiñol e Rugando: 1.178,26 hectáreas. Esta modificación ten en conta os deslindamentos previos recollidos nos informes 2022_172, 2022_174, 2022_177 así como a revisión de esbozo 2022_114.

– MVMC Bustelo de Fisteus: 410,28 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

― MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. 15/76), pertencente aos veciños dos lugares de Paradapiñol e Rugando; MVMC Montouto (exp. 14/76), pertencente aos veciños do lugar de Vilarmel. Ambos os montes na parroquia de Vilamel, concello de Quiroga.

O 28.9.2024 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_176.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Paradapiñol e Rugando: 1.198,04 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo recollido no informe 2022_175.

– MVMC Montouto: 1.458,14 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Bustelo de Fisteus (exp. 123/75), pertencente aos veciños do lugar de Bustelo de Fisteus; MVMC Casa do Vello (exp. 52/76), pertencente aos veciños do lugar de Casa do Vello. Ambos os montes da parroquia de Bustelo de Fisteus, no concello de Quiroga.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. A solicitude foi mellorada coa presentación de documentación complementaria o 20.10.2022. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_248.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Bustelo de Fisteus: 408,05 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Paradapiñol e Rugando, recollido no informe 2022_175.

– MVMC Casa do Vello: 167,80 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Novelúa (exp. 45/73), pertencente aos veciños da parroquia de Novelúa (Monterroso); MVMC Vacaloura e Fido (exp. 39/76), pertencente aos veciños da parroquia de Castro San Martiño (Portomarín).

O 30.9.2022 foi presentada unha solicitude da comunidade de Novelúa, relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. A solicitude foi mellorada coa achega de documentación complementaria o 21.12.2022. Así mesmo, tras serlles requirido, o 12.1.2023 tivo entrada unha emenda da solicitude. No expediente constan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_287.

O 28.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Novelúa: 311,84 hectáreas.

– MVMC Vacaloura e Fido: 279,90 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Vacaloura e Fido (exp. 39/76), pertencente aos veciños da parroquia de Castro San Martiño; e MVMC Narón (exp. 16/75), pertencente aos veciños da parroquia de Narón. Ambos os montes no concello de Portomarín.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude da comunidade de Castro San Martiño, relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, a solicitude foi emendada e entre a documentación achegada constan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_267.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Vacaloura e Fido: 254,85 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Novelúa, recollido no informe 2022_287.

– MVMC Narón: 481,61 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Maior e Alto de Pousadoiro (exp. 17/77), pertencente aos veciños da parroquia de San Xulián de Bardaos; e MVMC Maior e Adrado (exp. 18/77), pertencente aos veciños da parroquia de Castelo. Ambos no concello do Incio.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude (mellorada o 3.11.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_290.

O 23.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Maior e Alto de Pousadoiro: 73,54 hectáreas.

– MVMC Maior e Adrado: 19,66 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Pousada (exp. 80/83), pertencente aos de veciños dos lugares de Airexe, Pousada e Rego da Pereira; e MVMC Quintá e Queirogal (exp. 79/83), pertencente aos veciños dos lugares de Quintá e Queirogal. Ambos os montes na parroquia de Pousada, concello de Baleira.

O 25.5.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 27.5.2024 a solicitude foi emendada. Entre a documentación achegada constan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_28.

O 31.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pousada: 81,61 hectáreas.

– MVMC Quintá e Queirogal: 83,25 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Quintá e Queirogal (exp. 79/83), pertencente aos veciños dos lugares de Quintá e Queirogal, na parroquia de Pousada (Baleira); e MVMC Bidueira, Trombeal, Trabazas, Ribado e Valín (exp. 72/77), pertencente aos veciños do lugar de Vilachá, parroquia de Pedrafita de Camporredondo (Baralla).

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 10.2.2023 presentaron unha emenda da solicitude. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_283.

O 6.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Quintá e Queirogal: 83,65 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Pousada (nº 2023_28).

– MVMC Bidueira, Trombeal, Trabazas, Ribado e Valín: 348,65 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Agudo e Serra de Batán (exp. 19/77-1/2010), pertencente aos veciños da parroquia de Eirexalba; e MVMC San Pedro (exp. 134/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Pedro do Incio. Ambos no concello do Incio.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude (mellorada o 22.3.2023) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_228.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Agudo e Serra de Batán: 122,94 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa, recollida no expediente nº 2022_90.

– MVMC San Pedro: 615,75 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Becerral (exp. 136/77), pertencente aos veciños de Becerral; e MVMC Aigas (exp. 87/77), pertencente aos veciños de Aigas. Ambos os montes na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_231.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Becerral: 167,66 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa, recollida no expediente nº 2022_91.

– MVMC Aigas: 287,73 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa, recollida no expediente nº 2022_92.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Becerral (exp. 136/77), pertencente aos veciños de Becerral; e MVMC Laxo (exp. 135/77), pertencente aos veciños de Laxo. Ambos os montes na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_233.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Becerral: 140,54 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Aigas (nº 2022_231).

– MVMC Laxo: 136,67 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de novembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo