DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Xanceda (Mesía) para seren notificados por comparecencia da colocación dos marcos da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Xanceda (Mesía-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia da colocación dos marcos da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 26 de novembro de 2024

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Xanceda (Mesía-A Coruña)

DNI

Número de propietario

Acto notificado

32258099K

Propietario 305

Colocación de marcos

79321865V

Propietario 353

Colocación de marcos

32192602P

Propietario 418

Colocación de marcos