DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican ás posibles persoas titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos á revisión do esbozo do expediente 122/77 e catro máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitarlle ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión desenvolvida polo Xurado Provincial o día 30.10.2024 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Argán Moncelos (expediente 122/77), pertencente aos veciños da parroquia de Moncelos, no concello de Abadín.

O 27.6.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Moncelos para que se revise o esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan (procedemento con número de expediente 2024_34).

O 16.9.2024 o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Argán de Moncelos pasa a ser de 131,55 hectáreas.

Unha vez examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e efectuar a incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Coto de Cereixido (expediente 120/75), pertencente aos veciños do lugar de Cereixido, na parroquia de Cereixido, concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Cereixido para que se revise o esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. A solicitude foi mellorada coa documentación presentada o 14.3.2023 (procedemento con número de expediente 2022_209).

O 29.8.2024 o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Coto de Cereixido pasa a ser de 1001,95 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento previo co MVMC Paradapiñol e Rugando (nº 2022_174).

Unha vez examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e efectuar a incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Fiais (expediehte 21/76), clasificado pola Resolución do 14.12.1976 a favor dos veciños do lugar de Feais, na parroquia de Cereixido, concello de Quiroga.

Mediante Acordo do 28.6.2006, o Xurado concedeulle o aproveitamento deste monte á Comunidade de Cereixido, en concepto de titulares provisionais, nos termos recollidos no artigo 20 da Lei 13/1989.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Cereixido para que se efectúe a revisión do esbozo do monte de Fiais, conforme a proposta que achegan. A solicitude foi mellorada coa documentación presentada o 14.3.2023 (procedemento con número de expediente 2022_209).

O 29.8.2024 o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Fiais pasa a ser de 289,47 hectáreas.

Tras ser examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e efectuar a incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Río de Porto (expediente 37/73), pertencente á comunidade de veciños da parroquia de Río de Porto, concello de Negueira de Muñiz.

O 5.12.2023 tivo entrada unha solicitude da dita comunidade para que se revise o esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 30.4.2024 presentaron a emenda da solicitude (procedemento con número de expediente 2023_65).

O 7.5.2024 o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Río de Porto pasa a ser de 133,75 hectáreas.

Tras ser examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e efectuar a incorporación do novo esbozo ao expediente.

– MVMC Novelúa (expediente 45/73), pertencente aos veciños da parroquia de Novelúa, concello de Monterroso.

O 23.11.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Novelúa para que se revise o esbozo do seu monte veciñal, conforme á proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 17.9.2024 presentaron a emenda da solicitude (procedemento con número de expediente 2023_55).

O 22.10.2024 o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Novelúa pasa a ser de 358 hectáreas. Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento previo co MVMC Vacaloura e Fido (expediente 2022_287).

Unha vez examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e realizar a incorporación do novo esbozo ao expediente.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de novembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo