DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas os trámites de audiencia e requirimentos de documentación en relación coas modificacións do acordo da zona de concentración parcelaria de Meavía-Quintillán (Forcarei).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Nos casos de requirimento de documentación advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no dito prazo, se lles terá por desistidos da súa petición.

Pontevedra, 28 de novembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MA-006

76795033B

Requirimento de documentación

MA-039

35230775L

Requirimento de documentación

MA-001

Antonio Mariño Fernández

Trámite de audiencia

MA-001

José Mariño Fernández

Trámite de audiencia

MA-020

08894358M

Trámite de audiencia

MA-046

35199886L

Trámite de audiencia

MA-050

41094720E

Trámite de audiencia

MA-OFI-099

María del Carmen García Chamosa

Trámite de audiencia

MA-OFI-103

35216354L

Trámite de audiencia

MA-OFI-110

35242819B

Trámite de audiencia

MA-OFI-110

77415325Q

Trámite de audiencia

MA-OFI-110

76787085K

Trámite de audiencia

MA-OFI-118

45834601V

Trámite de audiencia

MA-OFI-126

52471744G

Trámite de audiencia

MA-OFI-129

P3601822J

Trámite de audiencia