DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 83/77 e trinta e seis máis).

Na sesión que tivo lugar o día 30.10.2024, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

• MVMC Muñís (exp. 83/77), pertencente aos veciños de Muñís; MVMC Tabillón (exp. 86/77), pertencente aos veciños de Tabillón; e MVMC Larxentes (exp. 85/77), pertencente aos veciños de Larxentes. Todos eles na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Muñís relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza coas comunidades de Tabillón e de Larxentes, en canto ás liñas divisorias que separan os seus montes veciñais. A solicitude resultou mellorada coa documentación presentada o 15.10.2022. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_268.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Muñís: 205,82 hectáreas.

– MVMC Tabillón: 105,91 hectáreas.

– MVMC Larxentes: 212,15 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Tabillón (exp. 86/77), pertencente aos veciños de Tabillón; e MVMC Larxentes (exp. 85/77), pertencente aos veciños de Larxentes. Ambos os montes na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude (mellorada o 15.10.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_281.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Tabillón: 109,36 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Muñís recollido no informe nº 2022_268.

– MVMC Larxentes: 208,70 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Muñís recollido no informe nº 2022_268.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Tabillón (exp. 86/77), pertencente aos veciños de Tabillón; MVMC Cernada (exp. 10/78), pertencente aos veciños de Cernada; e MVMC Trabadelo (exp. 88/77), pertencente aos veciños de Trabadelo. Todos eles na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Tabillón relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza coas comunidades de Cernada e de Trabadelo, en canto ás liñas divisorias que separan os seus montes veciñais. A solicitude resultou mellorada coa documentación presentada o 15.10.2022. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_271.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Tabillón: 115,14 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa co MVMC Larxentes, recollida no expediente nº 2022_281.

– MVMC Cernada: 68,96 hectáreas.

– MVMC Trabadelo: 73,34 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Cernada (exp. 10/78), pertencente aos veciños de Cernada; e MVMC Trabadelo (exp. 88/77), pertencente aos veciños de Trabadelo. Ambos na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude (mellorada o 15.10.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_273.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Cernada: 70,06 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Tabillón recollido no expediente nº 2022_271.

– MVMC Trabadelo: 72,23 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Tabillón recollido no expediente nº 2022_271.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Farelo (exp. 25/81), pertencente aos veciños de Santo Estevo do Castro, San Fiz e San Martiño de Amarante (Antas de Ulla); e MVMC Farelo e Costa da Pena, situado no concello de Agolada, provincia de Pontevedra.

O 29.9.2022, no Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, tivo entrada unha solicitude da comunidade do MVMC Farelo e Costa da Pena relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo coa comunidade de Santo Estevo do Castro, San Fiz e San Martiño de Amarante, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. A solicitude resultou mellorada coa documentación presentada o 15.10.2022. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_48.

A pedimento do Servizo de Montes de Pontevedra, o 27.11.2023, o Servizo de Montes de Lugo informouno sobre a situación da comunidade do monte Farelo de Antas de Ulla, así como da cartografía previa e das superficies de ordenación.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a modificación do MVMC Farelo tralo deslindamento. De acordo coa cartografía resultante, a súa superficie do monte Farelo (Antas de Ulla) pasa a ser de 250,94 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións no expediente do MVMC Farelo (Antas de Ulla).

• MVMC Mercurín (exp. 80/75), pertencente aos veciños de Mercurín, parroquia de Seoane; e MVMC Sobredo (exp. 22/73), pertencente aos veciños de Sobredo, parroquia de Folgoso. Ambos os montes no concello de Folgoso do Courel.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_218.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Mercurín: 624,15 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa recollida no informe 2022_161.

– MVMC Sobredo: 645,66 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Escrita e Monteiros (exp. 13/77), pertencente aos veciños de Seceda, parroquia de Seceda; e MVMC Sudros e Miranda (exp. 19/73), pertencente aos veciños de Eiriz, parroquia de Folgoso. Ambos no concello de Folgoso do Courel.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 30.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Entre a documentación do expediente, constan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_221.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Escrita e Monteiros: 1.237,66 hectáreas.

– MVMC Sudros e Miranda: 587,65 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Escrita e Monteiros (exp. 13/77), pertencente aos veciños de Seceda, parroquia de Seceda; e MVMC Sobredo (exp. 22/73), pertencente aos veciños de Sobredo, parroquia de Folgoso. Ambos os montes no concello de Folgoso do Courel.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_222.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Escrita e Monteiros: 1.235,43 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Sudros e Miranda recollido no informe nº 2022_221.

– MVMC Sobredo: 647,89 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Mercurín recollido no informe nº 2022_218.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Escrita e Monteiros (exp. 13/77), pertencente aos veciños de Seceda, parroquia de Seceda; e MVMC Mercurín (exp. 80/75), pertencente aos veciños de Mercurín, parroquia de Seoane. Ambos os montes no concello de Folgoso do Courel.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_224.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Escrita e Monteiros: 1.233,64 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Sobredo recollido no informe nº 2022_222.

– MVMC Mercurín: 625,93 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Sobredo recollido no informe nº 2022_218.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Carballo (exp. 62/75), pertencente aos veciños da parroquia de Carballo; e MVMC Ramelle (exp. 75/78), pertencente aos veciños da parroquia de Ramelle. Ambos os montes no concello de Friol.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude (mellorada o 20.12.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_289.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Carballo: 675,68 hectáreas.

– MVMC Ramelle: 69,74 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Pacios da Serra (exp. 109/75), pertencente aos veciños de Pacios da Serra, parroquia Pacios da Serra (Quiroga); e MVMC Santa Eufemia (exp. 14/73), pertencente aos veciños de Santa Eufemia, parroquia de Folgoso (Folgoso do Courel).

O 19.10.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_299.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pacios da Serra: 875,58 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa recollida no informe 2022_121.

– MVMC Santa Eufemia: 260,88 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Pacios da Serra (exp. 109/75), pertencente aos veciños de Pacios da Serra; e MVMC Leixazós (exp. 108/75), pertencente aos veciños de Leixazós. Ambos os montes na parroquia de Pacios da Serra, concello de Quiroga.

O 16.8.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 9.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_38.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pacios da Serra: 874,80 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Santa Eufemia (nº 2022_299).

– MVMC Leixazós: 719,69 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Pacios da Serra (exp. 109/75), pertencente aos veciños de Pacios da Serra, parroquia Pacios da Serra (Quiroga); e MVMC Folgoso (exp. 21/73), pertencente aos veciños de Folgoso, parroquia de Folgoso (Folgoso do Courel).

O 28.9.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_46.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pacios da Serra: 859,79 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Leixazós (nº 2023_38).

– MVMC Folgoso: 805,47 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Freixeiro (exp. 93/77), pertencente aos veciños de Freixeiro; e MVMC Figueira (exp. 92/77), pertencente aos veciños de Figueira. Ambos da parroquia de Cabanela, concello de Navia de Suarna.

O 9.8.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_37.

O 27.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Freixeiro: 95,27 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa, recollida no expediente 2022_133.

– MVMC Figueira: 236,87 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Santa Cruz (exp. 29/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cruz de Parga (Guitiriz); e MVMC Carballosa, Monte Redondo e Campo de Vilaflores, Costa de Rañal, Cobas e Ribeiras (exp. 9/77), pertencente aos veciños da parroquia de Pacios (Begonte).

O 21.3.2024, as anteditas comunidades presentaron, respectivamente, as solicitudes relativas ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre elas, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2024_14.

O 5.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Santa Cruz: 828,33 hectáreas.

– MVMC Carballosa, Monte Redondo e Campo de Vilaflores, Costa de Rañal, Cobas e Ribeiras: 545,16 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Roca (exp. 66/75), pertencente aos veciños da parroquia de Roca (Guitiriz); e MVMC Carballosa, Monte Redondo e Campo de Vilaflores, Costa de Rañal, Cobas e Ribeiras (exp. 9/77), pertencente aos veciños da parroquia de Pacios (Begonte).

O 21.3.2024 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2024_15.

O 5.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Roca: 213,01 hectáreas.

– MVMC Carballosa, Monte Redondo e Campo de Vilaflores, Costa de Rañal, Cobas e Ribeiras: 544,93 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Santa Cruz, correspondente ao expediente 2024_14.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Reboiro, Serra do Galo, Picato, Carballal e Veigas Rozas (exp. 71/77), pertencente aos veciños da parroquia do Picato Santa Cruz (Baralla); MVMC Lama Grande, Carballedo, Costa, Ardileiras e Pisón (exp. 128/80), pertencente aos veciños da parroquia de Toirán (Láncara); MVMC Picato, Serra do Val e Carballal (exp. 74/77), pertencente aos veciños do lugar de Recesende, parroquia de Recesende (Baralla); MVMC Caxigal de Santo Estevo (exp. 14/78), pertencente aos veciños de Santo Estevo, parroquia de Folgosa (O Corgo); e MVMC Carboeiro, Coto, Cobas, Rapatoso e Outeiro (exp. 13/78), pertencente aos veciños da parroquia de Folgosa (O Corgo).

O 29.9.2022, a comunidade do Picato Santa Cruz (Baralla) presentou as solicitudes relativas aos acordos de deslindamento levados a cabo, respectivamente, coas comunidades de Toirán (Láncara), Recesende (Baralla), Santo Estevo (O Corgo) e Folgosa (O Corgo), en canto ás liñas divisorias que separan os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 15.12.2022 as solicitudes foron emendadas. Achegan as actas de deslindamento, os planos topográficos, as actas de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_255.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Reboiro, Sª do Galo, Picato, Carballal e V. Rozas: 151,34 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa, recollida no expediente nº 2022_211.

– MVMC Lama Grande, Carballedo, Costa, Ardileiras e Pisón: 91,73 hectáreas.

– MVMC Picato, Sª do Val e Carballal: 159,24 hectáreas.

– MVMC Caxigal de Santo Estevo: 7,86 hectáreas.

– MVMC Carboeiro, Coto, Cobas, Rapatoso e Outeiro: 98,15 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Lama Grande, Carballedo, Costa, Ardileiras e Pisón (exp. 128/80), pertencente aos veciños da parroquia de Toirán; e MVMC Madorras e Penelas (exp. 93/79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarello. Ambos os montes no concello de Láncara.

O 17.10.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_47.

O 19.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Lama Grande, Carballedo, Costa, Ardileiras e Pisón: 72,67 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo con MVMC do Picato Santa Cruz (Baralla), correspondente ao expediente 2022_255.

– MVMC Madorras e Penelas: 128,67 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo previa, recollida no expediente nº 2023_30.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Abradelo (exp. 99/76), pertencente aos veciños de Abradelo; e MVMC Nande (exp. 77/75), pertencente aos veciños de Nande. Ambos na parroquia do Real, concello de Samos.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_184.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Abradelo: 357,48 hectáreas.

– MVMC Nande: 91,55 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Abradelo (exp. 99/76), pertencente aos veciños de Abradelo; e MVMC Covallo (exp. 100/76), pertencente aos veciños de Covallo. Ambos na parroquia do Real, concello de Samos.

O 26.4.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2023_22.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Abradelo: 350,48 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Nande, tramitado no expediente 2022_184.

– MVMC Covallo: 25,25 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Pasantes (exp. 76/79), pertencente aos veciños de Pasantes; e MVMC Pena do Marco (exp. 74/79), pertencente aos veciños de Ramil e Triacastela. Ambos os montes na parroquia e concello de Triacastela.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_178.

O 22.10.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pasantes: 361,62 hectáreas.

– MVMC Pena do Marco: 151,87 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Pasantes (exp. 76/79), pertencente aos veciños de Pasantes; e MVMC Queixadoiro (exp. 75/79), pertencente aos veciños de Queixadoiro. Ambos os montes na parroquia e concello de Triacastela.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_189.

O 21.10.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pasantes: 332,65 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión do esbozo (nº 2022_95) e o deslindamento co MVMC Pena do Marco (nº 2022_178).

– MVMC Queixadoiro: 339,73 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Fonfría (exp. 56/73), pertencente aos veciños da parroquia de Fonfría (Pedrafita do Cebreiro); e MVMC Biduedo (exp. 79/79), pertencente aos veciños de Biduedo, parroquia de Lamas (Triacastela).

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_193.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. Tralo deslindamento, o MVMC Fonfría ten unha medición de 159,44 hectáreas.

En canto ao MVMC Biduedo, faise necesario recalcular a súa superficie, en coherencia coa aprobación da revisión do seu esbozo.

A presidenta do xurado manifesta a súa abstención de intervir neste procedemento por darse a causa recollida no artigo 23.e) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o perímetro obxecto de deslindamento, sen prexuízo de que o Servizo de Montes realice a medición final, así como a cartografía resultante dos montes tras o deslindamento, para a súa incorporación nos respectivos expedientes.

• MVMC Biduedo (exp. 79/79), pertencente aos veciños de Biduedo, parroquia de Lamas (Triacastela); e MVMC Pico, Seixo Redondo e Cruces (exp. 1/76), pertencente aos veciños da Alence, Cruces e Pando, parroquia da Alence (As Nogais).

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_192.

O 23.8.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. Tras o deslindamento, o MVMC Pico, Seixo Redondo e Cruces ten unha medición de 245,33 hectáreas.

En canto ao MVMC Biduedo, ten en conta o deslindamento previo con Fonfría, pero faise necesario recalcular a súa superficie, en coherencia coa aprobación da revisión do seu esbozo.

A presidenta do xurado manifesta a súa abstención de intervir neste procedemento por darse a causa recollida no artigo 23.e) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o perímetro obxecto de deslindamento, sen prexuízo de que o Servizo de Montes realice a medición final, así como a cartografía resultante dos montes tras o deslindamento, para a súa incorporación nos respectivos expedientes.

• MVMC Fonfría (exp. 56/73), pertencente aos veciños da parroquia de Fonfría; e MVMC Louzarela (exp. 57/75), pertencente aos veciños de Louzarela, parroquia de Louzarela. Ambos os montes no concello de Pedrafita do Cebreiro.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_182.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Fonfría: 157,7 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Biduedo (exp. 2022_193).

– MVMC Louzarela: 407,68 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Louzarela (exp. 57/75), pertencente aos veciños de Louzarela, parroquia de Louzarela (Pedrafita do Cebreiro); e MVMC Queixadoiro (exp. 75/79), pertencente aos veciños de Queixadorio, parroquia de Triacastela (Triacastela).

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_188.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Louzarela: 407,74 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Fonfría (exp. 2022_182).

– MVMC Queixadoiro: 339,83 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Pasantes (exp. 2022_189).

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

• MVMC Queixadoiro (exp. 75/79), pertencente aos veciños de Queixadoiro, parroquia de Triacastela (Triacastela); MVMC Fonfría (exp. 56/73), pertencente aos veciños da parroquia de Fonfría (Pedrafita do Cebreiro).

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento con número de expediente 2022_187.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes emite un informe no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Queixadoiro: 339,44 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Louzarela (exp. 2022_188).

– MVMC Fonfría: 158,14 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Louzarela (exp. 2022_182).

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 28 de novembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo