En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia (subgrupo AP), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
Pola Resolución do 3 de outubro de 2024 (DOG núm. 192, do 4 de outubro) fíxose pública a baremación provisional da fase de concurso.
En vista das alegacións presentadas contra a baremación da fase de concurso,
DISPÓN:
Incluír as seguintes persoas na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de mantemento:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exento galego |
|
***5238** |
Fernández Maquieira, Manuel |
Libre |
Si |
|
***6793** |
García Calviño, Carlos |
Libre |
Si |
|
***2780** |
Gómez Rivera, Víctor Casiano |
Libre |
Si |
|
***2247** |
Naveira Fuentes, José Luis |
Libre |
Si |
Excluír as seguintes persoas da relación definitiva de aspirantes admitidos no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***5238** |
Fernández Maquieira, Manuel |
Libre |
Desistencia da solicitude |
|
***6793** |
García Calviño, Carlos |
Libre |
Desistencia da solicitude |
|
***2780** |
Gómez Rivera, Víctor Casiano |
Libre |
Desistencia da solicitude |
|
***2247** |
Naveira Fuentes, José Luis |
Libre |
Desistencia da solicitude |
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Se da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprende que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
