DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65569

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Teceleiras, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do balance de liquidación.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Teceleiras, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 7 de novembro de 2024, acordouse, por unanimidade de votos, a liquidación de Teceleiras, S. Coop. Galega co seguinte balance final de liquidación e proxecto de distribución de activos:

Activo: 1.034,01 euros.

– Tesouraría: 1.034,01 euros.

Pasivo: 1.034,01 euros.

– Capital cooperativo: 23.000 euros.

– Resultados negativos: -23.999,87 euros.

– Outros debedores, conta con socios: 2.033,88 euros.

Proxecto de distribución de activos: non existen acredores nin cantidade ningunha para poñer á disposición do Consello Galego de Cooperativas, a tesouraría será adxudicada aos socios.

A Coruña, 11 de novembro de 2024

Susana Moar Bello
Liquidadora de Teceleiras, S. Coop. Galega en liquidación