Orde de execución de limpeza de varias parcelas, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procédese á publicación da referencia de varios expedientes e das referencias catastrais das respectivas parcelas en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o lugar de notificación, o titular, ou resultar infrutuoso o intento de notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advírtese expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos/das interesados/as no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
|
Expediente |
Polígono-parcela |
Interesado/a |
Referencia catastral |
|
Gestiona 1421/2024 |
Polígono 22, parcela 303 |
Hros. J.F.P. |
36036A022003030000QE |
|
Gestiona 1421/2024 |
Polígono 22, parcela 811 |
En investigación |
36036A022008110000QX |
|
Gestiona 1421/2024 |
Polígono 22, parcela 828 |
En investigación |
36036A022008280000QP |
|
Gestiona 1473/2024 |
Polígono 21, parcela 541 |
M. A. A. |
36036A021005410000QM |
|
Gestiona 1473/2024 |
Polígono 21, parcela 630 |
A. Y F., S.L. |
36036A021006300000QQ |
|
Gestiona 1473/2024 |
Polígono 21, parcela 1307 |
En investigación |
36036A021013070000QY |
|
Gestiona 945/2024 |
Polígono 37, parcela 310 |
J.A.P.G. e C.R.C. |
36036A037003090001WI |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 20 de novembro de 2024
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa
