Expediente: IN407A 2022/254-4 modificado.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Modificado nova saída SSEE Vilagarcía.
Concello: Vilagarcía de Arousa.
Feitos:
1. O 11.6.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Nova saída SSEE Vilagarcía.
2. O expediente foi tramitado segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
Tras a tramitación correspondente, o 21.10.2022 a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ditou unha resolución de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2022/254-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 14.11.2022, coas seguintes características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, en 6 actuacións:
1. 40 metros (nova saída subestación Vilagarcía); orixe: subestación Vilagarcía; final: punto de acceso á rede existente.
2. 1987 metros (nova saída subestación Vilagarcía); orixe: punto de acceso á rede existente; final: centro de transformación López Ballesteros II (36CDF2).
3. 69 metros; orixe: centro de transformación López Ballesteros II (36CDF2); final: centro de transformación López Ballesteros (36C324).
4. 30 metros; orixe: centro de transformación López Ballesteros (36C324); final: punto de acceso á rede proxectado.
5. 58 metros; orixe: punto de acceso á rede proxectado; final: centro de transformación Edificio Valoper (36SJC1).
6. 424 metros; orixe: centro de transformación Castor Sánchez 7 (36CVS8); final: centro de transformación Conde Vallellano (36SLL5).
A instalación está situada na rúa Ballesteros e avenida da Mariña, Vilagarcía de Arousa.
3. O 13.6.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Modificado nova saída SSEE Vilagarcía.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado 2980 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no cal figura un orzamento total de 411.850,97 euros.
Tras ser examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións na rúa López Ballesteros e avenida da Mariña, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra):
– Substitución das celas existentes de media tensión do CT López Ballesteros (36C324), para ter accionamento telecontrolado.
– Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 2.040 metros para crear unha nova saída da SSEE de Vilagarcía.
– Substitución de 163 metros de condutor RHZ1-150 por RHZ1-240.
– Instalación dunha LMTS de 424 metros desde o centro de transformación Castor Sánchez 7 (36CVS8) ata o centro de transformación Conde Vallellano (36SLL5).
4. Este departamento territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, distintos organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilagarcía de Arousa, ADIF, Augas de Galicia, a Demarcación de Estradas do Estado e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Vilagarcía de Arousa, ADIF e Augas de Galicia.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, polo que se entende, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG número 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Substitución das celas existentes de media tensión do CT López Ballesteros (36C324).
Liña de media subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en 6 actuacións:
1. 40 metros (nova saída subestación Vilagarcía), con orixe na subestación Vilagarcía e final no punto de acceso á rede existente.
2. 2.000 metros (nova saída subestación Vilagarcía), con orixe no punto de acceso á rede existente e final no centro de transformación López Ballesteros II (36CDF2).
3. 69 metros, con orixe no centro de transformación López Ballesteros II (36CDF2) e final no centro de transformación López Ballesteros (36C324).
4. 38 metros, con orixe no centro de transformación López Ballesteros (36C324) e final no punto de acceso á rede proxectado.
5. 56 metros, con orixe no punto de acceso á rede proxectado e final no centro de transformación Edificio Valoper (36SJC1).
6. 424 metros, con orixe no centro de transformación Castor Sánchez 7 (36CVS8) e final no centro de transformación Conde Vallellano (36SLL5).
A instalación está situada na rúa López Ballesteros e avenida da Mariña, Vilagarcía de Arousa.
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Deixar sen efecto a Resolución do 21.10.2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2022/254-4).
2. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Modificado nova saída SSEE Vilagarcía, expediente IN407A 2022/254-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial xunto coa seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para realizar as obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 5 de decembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
