De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), nas normas provisionais de adaptación dos procedementos de selección de PDI á LOSU e a súa normativa de desenvolvemento, aprobados nos consellos de goberno do 27.4.2023, 24.10.2023, 20.12.2023 e 5.6.2024, e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno, na sesión do 30 de abril de 2014, no non regulado expresamente nas normas provisionais de adaptación, esta reitoría fai público que pola Resolución do 4 de decembro de 2024 se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador nas seguintes categorías:
• Profesor/a asociado/a: 1 praza.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 4 de decembro de 2024
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
