DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65414

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (análise instrumental), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 30 de maio de 2024 (DOG do 18 de xuño e BOE do 2 de xullo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (análise instrumental), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de setembro de 2024 (DOG do 19 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 24 de febreiro de 2025, ás 12.00 horas, na aula núm. 3 da Facultade de Dereito (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento de galego.

O tribunal efectuará a publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela