Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG número 229, do 1 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1,
escala técnica de mantemento de servizos
• Tribunal titular:
Presidencia:
– Ismael Vilacoba Vieito, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
Secretaría:
– Susana Fariña Rojas, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– Roberto Mallo Souto, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
– David Sedes Doce, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
– Patricia Brión Cabanelas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
• Tribunal suplente:
Presidencia:
– Víctor Manuel Varela Mariño, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
Secretaría:
– María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Mónica Fernández Meirama, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.
– Luis Antonio Garea Rodríguez, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
– José García Romero, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
