DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65848

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Polo Piñeiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.

Secretaría:

– Roberto Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Isabel Costoya Vázquez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análises e química industrial.

– Isabel Valcárcel Toscano, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

– Antonio Manuel Rodríguez Castro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de física e química.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– José Crecente Campo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.

Secretaría:

– Concepción Moares Domínguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Rebeca Vázquez Núñez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de laboratorio.

– Sonia María Cabanas Arias, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos na industria alimentaria.