En sesión que tivo lugar o 10 de decembro de 2024 e logo da estimación parcial do recurso de alzada presentado por Jesús Fernández Fajó contra a Resolución do 29 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 232, do 2 de decembro), o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio),
RESOLVE:
Primeiro. Modificar a Resolución deste tribunal, do 29 de novembro de 2024, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 232, do 2 de decembro), con relación á puntuación asignada a Jesús Fernández Fajó (***9399** ).
A baremación definitiva obtida polo aspirante publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
