Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación, da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT regulamentación apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25 na VAR805, no concello de Vilanova de Arousa, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.
Vigo, 28 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/296-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT regulamentación apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25 na VAR805.
Concello: Vilanova de Arousa.
|
Predio |
Ref. catastral |
Titular |
Data da ocupación |
Depósito previo |
|
1 |
36061A029000360000LD |
Descoñecido |
2 de xaneiro de 2025 |
2024/54/509 |
