Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT Covás, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 28 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/259-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT e CT Covás.
Concello: Lalín.
|
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36024A082000020000AF |
Horta da Veiga |
Manuel Blanco González |
25 de marzo de 2025 |
13.00 |
|
2 |
36024A082000060000AR |
Val Damedo |
Manuel Blanco González |
25 de marzo de 2025 |
13.00 |
