DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 28 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/105-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC.

Concello: Vigo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

6956212NG2765N0001WU

Candeán

Descoñecido

21 de marzo de 2025

12.00

2

6956213NG2765N0001AU

Lavadores

Descoñecido

21 de marzo de 2025

12.00