DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade de dúas (2) prazas de arquitecto/a, da escala de Administración especial, subescala técnica, grupo de titulación A1, nivel 24, funcionario/a de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 233, do 3 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade de dúas (2) prazas de arquitecto/a, da escala de Administración especial, subescala técnica, grupo de titulación A1, nivel 24, funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O anterior faise público para xeral coñecemento.

Culleredo, 3 de decembro de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior