Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 4.12.2024, publícase que o Concello de Celanova aprobou a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2024, co seguinte contido:
«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público de 2024, coa inclusión das seguintes prazas:
– Prazas de acceso libre.
– Persoal funcionario de carreira:
|
Denominación |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Sistema de selección |
Nº prazas |
Xornada |
|
Auxiliar administrativo/a |
C2 |
Administración xeral |
Auxiliar |
Oposición |
1 |
Completa |
Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova, así como na sede electrónica deste concello, https://celanova.sedelectronica.es/info.0, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificar este acordo á empregada pública municipal que se atopa ocupando a praza que é obxecto da oferta.
Cuarto. Ordenar que a convocatoria das prazas se publique no diario oficial da provincia, da Comunidade Autónoma ou, se é o caso, do Estado, debendo asegurar a súa execución no prazo máximo de tres anos».
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á precitada publicación deste no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderase exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Celanova, 10 de decembro de 2024
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde
