DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de novembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.104315).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Juan Luis Varela Carmoega.

DNI: ***8409**.

Expediente: DH.A36.104315.

Volume total anual: 1.051,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,75 l/s.

Destino: uso doméstico e gandeiro.

Orixe: pozo de barrena.

Lugar: Coto das Covas.

Parroquia: Cercio (Santiago).

Concello: Lalín.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga mediante un pozo de barrena na parcela de referencia catastral 36024A018004570000AZ, e o seu bombeo mediante bomba de 1,5 CV a un depósito de 3.000 litros, e mediante tubaxe soterrada de 50 mm ata a parcela de uso, de referencia 1840102NH7314S0001BP.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro