DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de novembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.01069, outorgada o 6 de febreiro de 2001, no concello de Baiona (expediente DH.A36.76621).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo.

Expediente: DH.A36.76621.

Volume total anual: 128.960,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,82 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: vinte catro (24) mananciais: M1 a M24 e dous (2) pozos: P1 e P2.

M1 na parcela 1, polígono 45; M2, M3 e M4 na parcela 7, polígono 42; M5, M6, M7, M10 e M11 na parcela 1, polígono 41.

M8, M9, M20, M23 e M24 na parcela 6, polígono 42; M12 e M13 na parcela 1, polígono 36; M14 na parcela 4, polígono 34.

M15 e M16 na parcela 61, polígono 39; M17 e M18 na parcela 13, polígono 40; M19 na parcela 10, polígono 42.

M21 na parcela 4, polígono 34; M22 na parcela 286, polígono 38; P1 e P2 na parcela 123, polígono 32.

Todas do catastro de Baiona.

Lugar: A Groba.

Parroquia: Baredo.

Concello: Baiona.

Descrición:

A auga das captacións reúnese para conducila a dous depósitos na parcela 111, polígono 33, desde os que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de novembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur