En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción da concesión de augas outorgada o 20 de xuño de 2007 coas seguintes características:
Titular: Elpidia Pico González.
Expediente: DH.A15.22092.
Volume total anual: 4.730 m3/ano.
Caudal: 0,15 l/s.
Orixe: x= 584400 y= 4794150.
Destino: doméstico e gandeiro.
Lugar: O Canedo.
Parroquia: San Pedro do Val de Xestoso.
Concello: Monfero.
Ao tempo que se está a tramitar unha nova concesión de augas, pola mesma solicitante, coas seguintes características:
Expediente: DH.A15.85293.
Volume total anual: 4.205 m3/ano.
Caudal instantáneo: 0,15 l/s.
Orixe: manancial en dúas captacións nas coordenadas:
x= 584282 y= 4793926.
x= 584268 y= 4793924.
Destino: gandeiro (gando vacún).
Lugar: O Canedo.
Parroquia: San Pedro do Val de Xestoso.
Concello: Monfero.
Descrición do aproveitamento:
As augas do manancial, no lugar da Veiga-Filgueiras Grandes, na parroquia do Val de Xestoso, cáptanse en dúas arquetas nas parcelas 45 e 46 do polígono 42 cara ao depósito de 60 m³ nesta última parcela. Desde o depósito as augas condúcense a través de dúas tubaxes ata as cortes na parcela 941 do polígono 88, no lugar de Canedo, na parroquia do Val de Xestoso, no concello de Monfero. As augas destínanse a unha explotación de gando vacún.
O documento técnico pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 14 de novembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
