DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Culleredo (expediente DH.A15.98924).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Felipe Luís Cobián Fernández de la Puente.

CIF: ****8244**.

Expediente: DH.A15.98924.

Volume total anual: 2.035,72 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,25 l/s.

Orixe:

Pozo. x= 548.120; y= 4.792.649.

Balsa augas pluviais. x= 548.171; y= 4.792.684.

(coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).

Lugar: Madeiro.

Parroquia: San Estevo de Culleredo.

Concello: Culleredo (A Coruña).

Destino: rega.

Lugar: Madeiro.

Parroquia: San Estevo de Culleredo.

Concello: Culleredo (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

Trátase de dúas captacións, unha procedente dun pozo de barrena e outra que recolle as augas pluviais do predio mediante dúas tubaxes de drenaxe e as almacena nunha balsa.

Ambas as captacións atópanse na parcela 15031A03500027.

A auga do pozo e da balsa bombéase a 4 depósitos de 1.000 L, desde onde se bombea a auga para regar por goteo unha plantación de 3,24 ha de aguacates nas parcelas 15031A03500027, 15031A03500032, 15031A02700248 e 15031A02700247.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 18 de novembro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte