DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de novembro de 2024, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3200040 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de novembro de 2024

Esther Rodríguez Casal
Xefa de Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI482F3200040

34988795E

Resolución de declaración da perda do dereito á axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI482F3200312

48639661C

Resolución de declaración da perda do dereito á axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI482F3200357

24882073Y

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda do programa do Bono de alugueiro social

VI482F3200396

45145947Y

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda do programa do Bono de alugueiro social