DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de novembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 ES69 0081 5363 20 0001082918 do Banco de Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Burela, 27 de novembro de 2024

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Charro Lobato, José María

Fra. 202430111

24.1.2024

361,59

Tallon Penabad, José

Fra. 202430370

11.4.2024

2.922,70

Laza-Alin Marin

Fra. 202430371

11.4.2024

577,03

Tavares Varela Jakson

Fra. 202430372

11.4.2024

361,59

Perez Paleo, Javier

Fra. 202430373

11.4.2024

361,59

Colombo Derossi, Luis Aldano

Fra. 202430374

11.4.2024

1.921,08

Catana-María

Fra. 202430457

7.5.2024

536,68

Costache-Luminita

Fra. 202430991

9.10.2024

361,59