DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66109

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, e o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos citados anteriormente e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Dado que na presente convocatoria coexisten procesos de acceso libre e procesos de estabilización do mesmo subgrupo e especialidade, prazas correspondentes a diferentes ofertas de emprego público e procesos pertencentes a diferentes subgrupos da Administración especial, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

1º. A orde para a elección de destino virá determinada polo ano de publicación da oferta publica de emprego; deste xeito, as ofertas máis antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego público máis recentes. No caso de que nunha convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta máis antiga convocada.

2º. No caso de que as prazas convocadas en cada proceso selectivo (acceso libre ou estabilización) estean incluídas na mesma oferta de emprego público, terán preferencia para o acto de elección de destino as persoas que participan nos procesos de estabilización sobre as persoas que participan nos procesos de acceso libre.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º) De elixir a opción «Renuncia», deberá presentala por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º) De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberá presentala por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición cuarta.

3º) De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, coa cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Ano OPE

Acceso

1

1

***2952**

Cerreda Álvarez, Martín

Arquitectos-estabilización

2018, 2021

Libre

2

2

***5848**

Montes Roces, María Orlindes

Arquitectos-estabilización

2018, 2021

Libre

3

3

***8116**

González García, Lorena

Arquitectos-estabilización

2018, 2021

Libre

4

4

***9892**

Castro Novais, Patricia

Arquitectos-estabilización

2018, 2021

Libre

5

5

***7658**

Díaz Rivera, Ana

Arquitectos-estabilización

2018, 2021

Libre

6

1

***3964**

Cotoya Díaz, Vanesa

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

7

2

***4206**

Garabal Fernández, Jesús

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

8

3

***2157**

Portela Alonso, David

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

9

4

***9657**

Alonso Blanco, Sofía

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

10

5

***0959**

González Ocampo, Rocío

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

11

6

***1426**

Faya Martínez, Fernando

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

12

7

***4310**

Pereira da Silva, Amelia Rosalía

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

13

8

***1684**

Pueyo Varela, Manuel

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

14

9

***0785**

Louzao Pernas, María de la Cruz

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

15

10

***1860**

González Blanco, María Isabel

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

16

11

***3807**

Fernández Abad, Inés

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

17

12

***9536**

Simón Barreiro, Elena

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

18

13

***1335**

Labrador García, María

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

19

14

***1889**

Reguera Seoane, Miguel

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

20

15

***5185**

Pérez Caserío, Cristina

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

21

16

***9346**

Barral Rodríguez, Gema

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Libre

22

17

***5218**

Castro Rodríguez, Cristina

Arquitectos-acceso libre

2018, 2019, 2020, 2021

Base I.1.1

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

EDC991000036001501

Posto base subgrupo A1

ED

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

20

 

2

IVA100000015770027

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

3

IVA100000015770026

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

4

EDC991000036001218

Arquitecto/a Unidade Técnica Funcións Facultativas

ED

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

5

SAS040000315770007

Xefatura Sección Obras

SA

S. X. de Investimentos

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Santiago de Compostela

A1-A2

25

6

ED6010000215770012

Arquitecto/a de funcións facultativas

CU

S. X. de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

26

7

MAO110000415770033

Arquitecto/a funcións facultativas

IV

Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

A1

26

8

ED6010000015770042

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. de Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

9

FCA291000027001125

Xefatura facultativo/a superior

FC

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos periféricos)

Lugo

A1

26

10

EIC030000115770016

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

EI

S. X. de Proxectos

Secretaría Xeral de Industria

Santiago de Compostela

A1

26

11

ED2010000415770005

Arquitecto/a funcións facultativas

ED

S. X. de Construcións e Equipamento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

26

Permiso conducir (R.I.)

12

ED6010000015770041

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. de Patrimonio Cultural

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

13

ED6010000015770040

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. de Patrimonio Cultural

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

Permiso conducir (R.I.)

14

ED6010000015770043

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. de Patrimonio Cultural

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

15

EDC991000027001501

Posto base subgrupo A1

ED

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

20

Permiso conducir (R.I.)

16

EDC991000032001501

Posto base subgrupo A1

ED

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

20

Permiso conducir (R.I.)

17

IVA100000315770120

Xefatura de Unidade Técnica de Proxectos

IV

Área de Deseño de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

18

EDC991000036001506

Arquitecto/a funcións facultativas

ED

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

A1

26

Permiso conducir (R.I.)

19

IVA100000015770025

Arquitecto/a superior de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

20

EDC991000027001502

Posto base subgrupo A1

ED

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

20

Permiso conducir (R.I.)

21

EDC991000036001502

Posto base subgrupo A1

ED

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

20

Permiso conducir (R.I.)

22

MAO110000415770022

Arquitecto/a funcións facultativas

IV

Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade

IGVS / Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

A1

26