DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66107

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 9 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.5 da convocatoria, a persoa aspirante poderá presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente, segundo o establecido na base II da convocatoria, e deberá especificar a alínea ou alíneas da base II.2 sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

Mª Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Nome

Apelido 1

Apelido 2

Antigüidade
II.2.a)

Traballo desenvolvido
II.2.b)

Formación
II.2.c)

Grao coñecemento idioma galego II.2.d)

Exercicio dereitos conciliación II.2.c)

Total

***7848**

Patricia

Pérez

Dorado

25,00

2,191

2,90

2,25

0

32,341