DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de modificación do treito final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación do treito final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, un escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 2 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2007/169-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación do treito final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín.

Concello: Dozón.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titular

928

36016A05300029

Prado do Lavadoiro

Hros. de María López Fernández

930

36016A05300031

Campo do Muíño

Hros. de María López Fernández

Concello de Lalín.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titular

952

36024A09500532

Os Casares

Tito Orlando Reboredo Reboredo